Dende a Fundación Carlos Casares estamos contactando con perfís de Itch.io que facedes videoxogos en galego. Estamos organizando unha game jam, titulada "Dende o galego, con humor", para crear un prototipo de videoxogo en lingua galega entre o 5 e o 12 de decembro, con premios en metálico. Gustaríanos que participasedes se tedes opción e tamén que fagades difusión.
Noraboa, está moi chulo. A ambientación, a xogabilidade, o deseño de niveis, a arte… Xa o probara no Kokoro do ano pasado e a premisa está moi ben. Como suxestión, se se me permite (^^!), eu faría un tuto ingame dos distintos gadgets/poderes e como usalos nun par de puzzles de terreo sinxelos ao principio do nivel, pero entendo que está ideado tamén como un xogo para speedrun… Tamén, xa que se usa o rato para o apuntado, poder seleccionarse (e desleccionarse) co rato cada un dos distintos “poderes” podería facilitar a xogabilidade.
Como punto que non me acabou de convencer de todo está a cámara, sobre todo nas caídas, porque a cámara queda atrás e tes que intuír se che interesa usar o paracaídas ou non… Debido aos zooms, o parallax actúa raro e as capas do fondo ás veces quedan moi atrás.
← Return to game
Comments
Log in with itch.io to leave a comment.
Boas, desculpade que contactemos así...
Dende a Fundación Carlos Casares estamos contactando con perfís de Itch.io que facedes videoxogos en galego. Estamos organizando unha game jam, titulada "Dende o galego, con humor", para crear un prototipo de videoxogo en lingua galega entre o 5 e o 12 de decembro, con premios en metálico. Gustaríanos que participasedes se tedes opción e tamén que fagades difusión.
Podedes acceder á jam e ás bases neste enlace: https://itch.io/jam/dende-o-galego-con-humor-game-jam-con-premios
Grazas!!
Noraboa, está moi chulo. A ambientación, a xogabilidade, o deseño de niveis, a arte… Xa o probara no Kokoro do ano pasado e a premisa está moi ben. Como suxestión, se se me permite (^^!), eu faría un tuto ingame dos distintos gadgets/poderes e como usalos nun par de puzzles de terreo sinxelos ao principio do nivel, pero entendo que está ideado tamén como un xogo para speedrun… Tamén, xa que se usa o rato para o apuntado, poder seleccionarse (e desleccionarse) co rato cada un dos distintos “poderes” podería facilitar a xogabilidade.
Como punto que non me acabou de convencer de todo está a cámara, sobre todo nas caídas, porque a cámara queda atrás e tes que intuír se che interesa usar o paracaídas ou non… Debido aos zooms, o parallax actúa raro e as capas do fondo ás veces quedan moi atrás.
Pois iso, que fantástico!